Suspendida a XXI Festa do Botelo do Barco

Suspendida a XXI Festa do Botelo do Barco

O Concello decidiu a suspensión de todas as actividades previstas para a XXI edición da Festa do Botelo do Barco, por mor da situación sanitaria provocada pola Covid 19. A festa volverá, coa comida oficial no Pavillón de Calabagueiros e o resto do programa, en canto a situación epidemiolóxica o permita. Non haberá festa oficial, pero o botelo segue a ser o embutido rei do Barco nestas datas, e sempre é un bo momento para degustalo, e para celebrar a…

Ler máis Ler máis

A VI Festa do Botelo en Vigo pecha a tempada do Botelo

A VI Festa do Botelo en Vigo pecha a tempada do Botelo

A VI Festa do Botelo na cidade de Vigo celebrarase o sábado, día 7 de marzo, no Hotel Coia. Preto de 200 comensais degustarán o singular botelo acompañado de cachelos e verdura pechando así a tempada de promoción deste embutido valdeorrés fóra das súas terras de orixe. O actor, contador de contos e monologuista, Avelino González, será un dos invitados xunto con outras personalidades da cidade olívica. A comida comezará  ás 14:00 horas con sopa e empanada de maravallas; a…

Ler máis Ler máis

A VII Festa do Botelo na Coruña celebrarase o día 15 de febreiro e ten aberta a compra de entradas

A VII Festa do Botelo na Coruña celebrarase o día 15 de febreiro e ten aberta a compra de entradas

A sétima Festa do Botelo na cidade da Coruña celebrarase o sábado, día 15 de febreiro. O lugar desta nova edición será o restaurante Arbore da Veira no Monte de San Pedro ao igual que nas seis celebracións anteriores. O Concello do Barco de Valdeorras está organizando esta nova festa do Botelo na capital herculina para continuar coa difusión do produto rei do inverno valdeorrés. O botelo, é dicir, o estómago do porco recheo de costelas adubadas, afumado e que…

Ler máis Ler máis

A vixésima edición da Festa do Botelo vive o seu día grande na vila barquense

A vixésima edición da Festa do Botelo vive o seu día grande na vila barquense

A vila ourensá do Barco de Valdeorras vive hoxe o seu Día Grande da XX Festa do Botelo. A Festa comezará ás 12 do mediodía no Teatro Lauro Olmo co acto de lectura do pregón a cargo do actor e contador de historias, Avelino González, e a entrega da Mención de Honra ao socio fundador de Adegas Godeval, Honorato López Isla. O acto estará presentado pola poetisa barquense, Fátima Delgado, e contará coa actuación do Orfeón Valdeorrés. A Mención de…

Ler máis Ler máis

O programa da TVG Aquí Galicia na Festa do Botelo no Barco

O programa da TVG Aquí Galicia na Festa do Botelo no Barco

A vixésima edición da Festa do Botelo contará con cobertura por parte da Televisión de Galicia. O espazo das tardes da fin de semana Aquí Galicia estará emitindo o sábado, 18, a partir das 16 horas dende o Paseo do Malecón do Barco (campo da festa). Un ano máis achéganse á terras valdeorresas para emitir en directo varias actuacións musicais e tamén reportaxes sobre a historia da Festa do Botelo.  Ademais tamén se emitiu o venres pola tarde unha reportaxe…

Ler máis Ler máis

O concerto do Botelo trae a Milladoiro ao Barco este venres

O concerto do Botelo trae a Milladoiro ao Barco este venres

As entradas están á venda na tenda de música Ton y Son na vila barquense. O seu prezo é de 10 euros e tamén poderán comprarse  o propio venres, día 17, antes do concerto na billeteira do teatro Lauro Olmo. A actuación comezará ás 21 horas e será o concerto da Festa do Botelo. Unha nova actividade creada para esta edición. O coñecido grupo de música tradicional galega presenta o seu último disco.