A canción do Botelo

A canción do Botelo

   por    Anxo Rei

Polo mes de decembro o frío apreta
e o sol xa non entra en calquer regueiro,
polo mes de decembro
todo o noso Val de neve está cuberto.

Polo mes de decembro matamos o cocho
se o noso Santiño gardou o cortello,
polo mes de decembro
comemos filloas da sangue do reco.

Polo mes de xaneiro
comemos o porco de corpo enteiro
comemos os grelos e máis o botelo (bis)

Polo mes de xaneiro
salgamos o porco secamos o resto
comemos os grelos e máis o botelo (bis)

Polo mes de xaneiro cachuchas e patas
a san Antoniño imos ofrecendo,
polo mes de febreiro
ás portas do Entroido androlla e cachelos.

Polo mes de xaneiro
comemos o porco de corpo enteiro
comemos os grelos e máis o botelo (bis)

Polo mes de xaneiro
salgamos o porco secamos o resto
comemos os grelos e máis o botelo (bis)