Ruta de pinchos

Ruta de pinchos

Ruta de pinchos 2023

 

Case 20 establecementos hostaleiros participan na XII Ruta de Pinchos

Preto de vinte propostas diferentes poderán degustarse na “XII Ruta de Pinchos O Barco vai de viños”, prevista do 12 ao 20 de xaneiro. Este percorrido gastronómico será ademais a mellor antesala da XXI Festa do Botelo, que se recupera neste 2023 tras  dous anos de inactividade.

   

Case que 20 locais de hostalería participan na XII edición da Ruta de Pinchos “O Barco vai de Viños”, que se celebra entre o 12 e o 20 de xaneiro. Cada un dos locais ofrecerán un pincho especial, que se venderán a un prezo de 2,5 euros. A ruta está organizada polo Concello do Barco e máis a Asociación Empresarial de Valdeorras (AEVA), e o Centro Comercial Aberto (CCA).

Os clientes poderán votar os pinchos, para elixir á mellor deberán depositar o seu voto nas furnas que se colocarán nos establecementos participantes. Tamén se sortearán catro ceas para dúas persoas cada unha, entre os clientes que proben os pinchos de cómo mínimo 5 locais.

O alcalde do Barco, Alfredo García, recorda a boa acollida que ten esta iniciativa, “que é un éxito total desde a primeira edición”. Coa ruta comeza, dicía o alcalde,  “o que eu chamo os 2 meses grandes da gastronomía no Barco, coa ruta dos pinchos, a Festa do Botelo e as Xornadas Gastronómicas,  que se prolongarán ata o mes de febreiro”.

 

 

Ruta de pinchos 2019

 

Ruta de pinchos 2018

 

 

Ruta de pinchos 2017

Ruta de pinchos 2016

 

Cartel 2015