Sobre o Botelo
O Botelo ten Indicación Xeográfica Protexida e é Festa de Interese Turístico de Galicia
A Xunta, tras amparar o botelo como Indicación Xeográfica Protexida, defíneo así:“O Botelo, coñecido en algunhas zonas de Galicia como butelo, é un produto cárnico resultante da mestura de costela (mínimo 70%) e coiros de pel, magro, osos da cabeza e outros osos con carne (espiñazo e outros osos con carne nunca máis do 15% do total), obtidos a partir de despezamentos de porco, ben adubados e embutidos en cegos, estómagos ou vexigas, tamén de porco, que posteriormente se someten a un proceso de afumado con leña de carballo e curación. O seu consumo realizase trala cocción”*.
O peso do botelo é variable, oscilando entre 500 gramos e 2 quilos no caso de haber utilizado cegos e vexigas, e entre 1 e 5 quilos no caso dos estómagos. A área onde tradicionalmente se ven elaborando o botelo queda claramente determinada pola Indicación Xeográfica Protexida na zona do oriente ourensán.
*Orde de 6 de febreiro de 2009 pola que se adopta a decisión favorable en relación á solicitude de rexistro da indicación xeográfica protexida Botelo de Galicia e se publica o seu prego de condicións. http://www.xunta.es/dog/Publicados/2009/20090212/Anuncio9506_es.pdf
Uns anos máis tarde a Axencia Turismo de Galicia publica no Diario Oficial de Galicia (DOG) a Resolución do 27 de outubro do 2014 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 23 de outubro do 2014, polo que se declara Festa de Galicia de interese turístico: a Festa do Botelo de O Barco de Valdeorras.
– A Festa do Botelo celébrase no mes de xaneiro no concello de O Barco de Valdeorras (Ourense).
http://www.xunta.es/dog/Publicados/2014/20141104/AnuncioG0256-271014-0001_es.pdf