O Botelo 2016
_________________________________________________________________________________
________________________________________________________________________________________
ACTIVIDADES DO PROGRAMA DA FESTA DO BOTELO 2016
A XVI edición da Festa do Botelo celebrarase no Barco o día 23 de xaneiro de 2016, previamente están previstas unha serie de actividades dedicadas á promoción deste evento declarado no 2014 como Festa de Interese Turístico de Galicia.
SÁBADO, 16 DE XANEIRO
- Encontro de blogueiros e xornalistas gastronómicos
Encontro de blogueiros e xornalistas gastronómicos e turísticos terá lugar no Barco o sábado 16 de xaneiro, para que coñezan a elaboración do botelo e visiten varias adegas da vila. A cita central será a degustación do botelo nun restaurante da vila harmonizada con viños de adegas da DO Valdeorras que están implantadas no Barco.
Elaboración do botelo: Embutidos García Marcos.
Adegas que colaboran: Roandi, Eladio Santalla Paradelo, Cooperativa Xesús Nazareno e Bodegas Godeval.
Comida en: Tapería Agarimo.
LUNS, 18 DE XANEIRO
- Taller de pinchos do Botelo e harmonía con viños DO Valdeorras (adegas do Barco)
Hora de inicio: 18 horas
Duración do taller: 2 horas
Asistentes: 20 persoas
A cociñeira Rocío Garrido, responsable do blog “La Cocina de mi Abuelo” e autora do libro “Cociñando coas razas autóctonas”, realizará un taller de pinchos onde a base será o botelo. Estará dirixido a hostaleiros da vila e se sobran prazas abrirase ao público. Ademais o taller completarase cunha clase de harmonización de viños e pinchos a cargo do sumiller experto en viños galegos, Jorge Cardoso.
Viños presentes na harmonización serán os das adegas Eladio Santalla Paradelo, Roandi, Godeval e da Cooperativa Xesús Nazareno.
- Venda de entradas XVI Festa do Botelo
Prezo: 15 €/persoa
Número de entradas á venda: 950
Lugar de compra das entradas: Casa da Cultura do Barco.
Os grupos que queiran sentarse xuntos durante a comida terán que comunicalo no momento da retirada das entradas.
Restaurantes e bares da vila ofrecerán botelo nos seus menús nesa fin de semana para todas aquelas persoas que queiran degustalo nos seus locais. No folleto O Barco vai de pinchos e na sección Ruta de pinchos desta mesma web, poden ver os lugares onde degustar o botelo tanto en pinchos coma en menús.
XOVES, 21 DE XANEIRO
Cine na Casa da Cultura. Teatro Lauro Olmo.
Película: Una pastelería en Tokio
Cine Clube Groucho Marx
Hora: 20:30 horas. A película volverá a emitirse o domingo día 24 ás 19 horas.
SÁBADO, 23 DE XANEIRO
XVI Festa do Botelo
- Feira de produtos gastronómicos
Durante todo o sábado e o domingo pola mañá na zona do Paseo do Malecón, entre as rúas Abdón Blanco e o Campo da Festa haberá varios postos nos que se poderán comprar diferentes produtos gastronómicos tales como mel, bicas, embutidos,etc.
- Acto do pregón e mención de honra
Lugar: Casa da Cultura do Barco. Teatro Lauro Olmo.
Hora do acto: 12:30 horas.
-Mención de honra 2016: José Luis Suárez Mateo “Sito o do xuíz”. Hostaleiro vinculado ao Casco Vello do Barco con dous locais que activaron este barrio: O café Real e o Veira Sil.
-Pregoeiro: Francisco Javier García León “O Careca VII”. Veciño do Barco que impulsou o acto do Enterro da Sardiña na vila. As súas coplas son imprescindibles para pórlle fin ao entroido barquense o mércores de cinza.
– Actuarán tamén neste acto o cantautor barquense Anxo Rei e o Orfeón Valdeorrés que interpretarán 2 pezas dedicadas ao botelo e que darán comezo e remate ao acto.
- Degustación do botelo
Lugar: Pavillón de Calabagueiros
Hora: 14:30 horas
- Orquestra na Carpa do Programa da TVG “Aquí Galicia”. Emisión en directo
Lugar: Campo da festa
Hora de inicio da emisión: 16:30 horas
O programa da TVG “Aquí Galicia” emitirá en directo este magazine, de máis de dúas horas en directo, presentado por Lucía Rodríguez, Juan Fuentes e Bernardo Montaña. Os espectadores coñecerán un pouco máis de O Barco a través de reportaxes acerca da súa gastronomía e seus lugares de interese turístico. Os asistentes ao programa terán ademais música en vivo.
- Cantos de taberna
Oito grupos musicais tocarán durante a tarde-noite, en varios locais do casco urbano da vila barquense. Estes grupos estarán presentes tamén durante a comida do Botelo no pavillón de Calabagueiros.
DOMINGO, 24 DE XANEIRO
Cine na Casa da Cultura. Teatro Lauro Olmo.
Película: Una pastelería en Tokio
Cine Clube Groucho Marx
Hora: 19 horas
MATERIAL PROMOCIONAL e ACCIÓNS DE COMUNICACIÓN
Cartel
O coñecido debuxante Luis Davila “O bichero” elaborou o cartel da Festa do Botelo 2016 e a ilustración das camisetas seguindo a liña das súas viñetas que publica a diario en Faro de Vigo.
Camisetas
Camisetas de cor branca cunha ilustración feita por Luis Davila. Poranse á venda o día da Festa do Botelo no propio pavillón de Calabagueiros e tamén durante o acto do pregón na Casa da Cultura do Barco.
Prezo: 7 €/camiseta
Os comensais terán un desconto de 2 €/camiseta presentando a súa entrada no momento da compra.