O Concello

O Concello

 

Situado no Suroeste de Galicia, na comarca de Valdeorras, o Concello de O Barco ocupa parte do val fluvial do río Sil e as terras elevadas que o rodean. O Barco é a capital da comarca de Valdeorras e o seu centro comercial e de servizos.

O Barco de Valdeorras, capital da comarca e o onde se atopan os servizos administrativos da zona, está formado por 24 núcleos de poboación. Cunha extensión de 84 km2, linda ao Norte coa Serra do Courel, ao Este cos concellos de Rubiá e Carballeda, ao Oeste co de Vilamartín e ao Sur coa Serra do Eixe, que remata no Macizo de Trevinca, onde se atopan os picos máis elevados de Galicia.

A romanización foi intensa nun territorio tan estratéxico como rico en minerais. Entre os xacementos auríferos de Las Médulas (Bierzo) e Montefurado (Lugo) abundan as pegadas da actividade extractiva levada a cabo nesa época da historia. Por Valdeorras pasaba a vía de comunicación romana Vía Nova (a XVIII do Itinerario Antonino), que unía Braga e Astorga.

Xa na Idade Media o Señorío de Valdeorras foi administrado por distintas casas nobres, quedando como referente daquela época a Fortaleza de O Castro protexida como Ben de Interese Cultural dende o  o ano 1994, coa categoría de Monumento.

A economía xira o redor da lousa. En Valdeorras está a maior concentración de explotacións de España. A viticultura é outro dos sectores importantes, adquirindo cada días máis relevancia o cultivo de variedades autóctonas como a godello e a mencía, para a elaboración de viños de gran calidade. No Barco contase cunha cooperativa vitivinícola e varias adegas.