A actividade no Día do Botelo comezou hoxe cunha feira de produtos tradicionais a partir das 11 da mañá. Na Praza Andrés de Prada hai 14 postos que venden botelos, mel, marmeladas,etc. A feira estará aberta toda a fin de semana en horario de 11 da mañá ata as 20 horas.