O 19 de xaneiro celebrarase a XIX Festa do Botelo
A Festa do Botelo terá unha nova edición, a número dezanove de 2019. Neste mes no que comezan a proliferar as tradicionais matanzas de porco por toda a comarca de Valdeorras, o Concello do Barco ultima os preparativos da festa gastronómica desta localidade. O vindeiro 19 de xaneiro teremos a oportunidade de degustar os botelos, que a estas alturas xa están preparados e en fase de afumado. Un proceso que dura, entre a preparación e a duración aproximada dun mes. Despois, o botelo, o estómago de porco recheo de costela adobada, cociñarase con patacas e verduras para degustar na festa que cada ano reúne a máis de 1.200 persoas entre o Pavillón de Calabagueiros e os restaurantes da vila barcelonina.
En próximas datas desvelaremos o programa oficial de actos e o relator desta edición.