O Botelo acompañou a presentación do proxecto As Letras de Florencio en Vitoria Gasteiz e en Donostia
Esta fin de semana o proxecto As Letras de Florencio, para reclamar o Día das Letras Galegas para o poeta de Vilamartín, xuntou a unhas 150 persoas nos Centros Galegos de Vitoria Gasteiz e no de Donostia.
Os protagonistas foron a figura do poeta Florencio Delgado Gurriarán e os produtos da comarca valdeorresa. O menù que estivo preparado polas cociñeiras do Restaurante San Mauro (Divina e Sandra) contaba coas empanadas máis tradicionais da zona (costrelas e maravallas); seguidas dun cocido con Botelo e como sobremesa unha torta de castaña e unhas filloas con mel. Todo acompañado cos viños das adegas O Casal, D‘Berna, A Pinguela e Roandi.
Na cea de Vitoria Gasteiz o Alcalde de Petín, Miguel Bautista, a directora do proxecto, Debora Álvarez e o adegueiro Fuco Nuñez foron agasallados cunha figura do tradicional Celidonio, figura emblemática das festas de Virxe Blanca. E na cidade de Donostia o presidente da Casa de Galicia, Xoan Alonso Domínguez, ofreceu a historia da institución en forma de libros e cds que amosan o traballo que estes centros levan realizando dende fai décadas.