Visita xa as fotos do photocall do Botelo 2019
Xa podedes ver todas as fotografías do photocall da Festa do Botelo 2019 no apartado multimedia ou dende o seguinte enlace O photocall do Botelo
Xa podedes ver todas as fotografías do photocall da Festa do Botelo 2019 no apartado multimedia ou dende o seguinte enlace O photocall do Botelo
Xá podedes ver as fotografías da festa de este ano accedendo polo menú na opción Multimedia ou premendo no seguinte enlace: As fotos do Botelo 2019
Guillermo García: “A festa é moi positiva porque non só da traballo á hostalería senón tamén as empresas que o elaboran” Un restaurante con máis de 30 anos en funcionamento e levado por tres irmáns recibirá este ano a Mención de Honra da Festa do Botelo. O restaurante Fernando III empezou a funcionar con outros donos hai máis de 40 anos e dende comezos dos oitenta pasou a mans dos irmáns García López da localidade de Pombriegos (La Cabrera). Nun…
A Feira do Botelo de multiprodutos, a maioría gastronómicos, celebrarase o sábado e o domingo no Campo da Festa (Paseo do Malecón) na vila barquense. Nun principio este evento ía facerse só o sábado durante todo o día pero finalmente os participantes decidiron ampliala a toda a fin de semana. En total serán 20 participantes que venderán: pan, botelo, bicas, doces variados, embutidos, licores, xoguetes, xoiaría, etc. A cita será o sábado a partir das 11 horas e ata ás…
O programa de variedades que emite cada sábado a TVG estará este ano en directo no Barco de Valdeorras. O programa empezará o sábado ás 16 horas dende o Campo da Festa no Paseo do Malecón. Haberá reportaxes dedicados a temas da gastronomía e agricultura da comarca e arredores. Ademais farán conexións en directo co lugar da comida oficial no Pavillón de Calabagueiros para que o público poida vivir o ambiente en directo.
A venda das 1150 entradas da comida oficial que se servirá no Pavillón de Calabagueiros o día 19 de xaneiro farase este sábado, día 12 de xaneiro, a partir das 9 da mañá. “Así poderán comprar entradas a xente que pola semana traballa” explicou a concelleira de Cultura Margarida Pizcueta, quen tamén indicou que o lugar de venda das entradas será o Teatro Lauro Olmo que estará aberto a partir das 7 da mañá para coller número por orde de…
Hoxe presentouse a IX Edición da Ruta de Pinchos organizada pola Asociación de Empresarios (Aeva), O Centro Aberto e o Concello do Barco. Unha actividade que complementa a programación da XIX Festa do Botelo. A partir de hoxe e ata o día 20 degustaranse pinchos en 27 locais da vila e despois o fin de semana da festa haberá 9 restaurantes servindo botelo nos seus menús. Algúns deles xa teñen o cartel de completo para o día 19 ao mediodía….
O alcalde do Barco, Alfredo García e a Concelleira de Cultura e Educación, Margarida Pizcueta foron os encargados de presentar o cartel da XIX edición da Festa do Botelo 2019. Un cartel que ten moita relación coas actividades de promoción que se veñen realizando nos últimos anos e co pregoeiro oficial do 2019 o humorista, actor e presentador, Roberto Vilar. Actualmente Roberto Vilar presenta o seu programa, Land Rober Tunai Show da Televisión de Galicia (TVG) e sendo líder…
A Festa do Botelo terá unha nova edición, a número dezanove no 2019. Neste mes no que as matanzas tradicionais do porco están empezando a proliferar por toda a comarca de Valdeorras, o Concello do Barco ultima os preparativos da festa gastronómica desta vila. O próximo 19 de xaneiro teremos a oportunidade de degustar os botelos que a estas alturas xa están elaborados e en fase de curación con fume. Un proceso que dura entre a súa elaboración e curado…
A cuarta Festa do Botelo na cidade de Vigo celebrouse hoxe con gran afluencia de público. Preto de 200 comensais degustaron o singular botelo acompañado de cachelos e verdura no salón do Hotel Coia de Vigo. Ao acto asistiron como representación institucional do Concello do Barco, o alcalde, Alfredo García e a concelleira de Cultura e Educación, Margarida Pizcueta acompañados do alcalde de Vigo, Abel Caballero e o secretario xeral do Eixo Atlántico, Xoán Vázquez Mao. Ademais do mundo da…