Seis restaurantes do Barco ofrecerán Botelo no fin de semana da Festa
O día 23, data oficial da XVI Festa do Botelo no Barco, seis restaurantes ofrecerán aos visitantes botelo nos seus menús. Un menú que se repetirá ao día seguinte para completar o fin de semana gastronómico na vila. O obxectivo é ter máis opcións que a comida oficial no pavillón de Calabagueiros do sábado para degustar este prato típico na vila no que a base é o estómago do porco recheo de costelas adubadas e despois afumado. Os locais forman parte da VI Ruta de Pinchos organizada dende as asociacións empresariais O Barco Aberto e Aeva xunto co Concello do Barco.
Os restaurantes: Piquiño, Agarimo, Al Natural, Casa Galaica, Restaurante Fernando III e Pazo do Castro serán os que ofrezan o menú nas súas cartas. Os interesados terán que facer reserva nos locais.
Teléfonos de reservas
Piquiño: 988 68 23 49
Agarimo: 988 32 19 35
Al Natural: 609 13 81 91
Fernando III: 988 32 03 71
Pazo do Castro: 988 34 74 23
Casa Galaica: 988 34 72 35