Suspendida a XXI Festa do Botelo do Barco

Suspendida a XXI Festa do Botelo do Barco

O Concello decidiu a suspensión de todas as actividades previstas para a XXI edición da Festa do Botelo do Barco, por mor da situación sanitaria provocada pola Covid 19. A festa volverá, coa comida oficial no Pavillón de Calabagueiros e o resto do programa, en canto a situación epidemiolóxica o permita.

Non haberá festa oficial, pero o botelo segue a ser o embutido rei do Barco nestas datas, e sempre é un bo momento para degustalo, e para celebrar a festa na casa ou en algún dos moitos restaurantes da localidade que ofertan o botelo na súa carta.

Tamén vos ofrecemos a posibilidade de lembrar os bos momentos vividos en edicións anteriores, coas fotos e vídeos que podedes atopar nesta páxina.

Os comentarios están pechados.