A VII Festa do Botelo na Coruña celebrarase o día 15 de febreiro e ten aberta a compra de entradas
A sétima Festa do Botelo na cidade da Coruña celebrarase o sábado, día 15 de febreiro. O lugar desta nova edición será o restaurante Arbore da Veira no Monte de San Pedro ao igual que nas seis celebracións anteriores. O Concello do Barco de Valdeorras está organizando esta nova festa do Botelo na capital herculina para continuar coa difusión do produto rei do inverno valdeorrés. O botelo, é dicir, o estómago do porco recheo de costelas adubadas, afumado e que…