Vivindo a III edición da Festa do Botelo na Coruña
Os máis de 250 comensais están xa degustando os botelos desta terceira edición da Festa do Botelo na cidade da Coruña. O restaurante Mirador de San Pedro encheuse de seguidores do embutido rei do inverno valdeorrés.
Despois da sopa de cocido e da empanada de “maravallas”, chegou o momento de Don Botelo acompañado coma sempre polos cachelos e a verdura. Os viños presentes nesta edición son os godellos de Godeval e D´Berna e o tinto da Cooperativa Xesús Nazareno. A comida aínda se alongará coa sobremesa a base de bica e torta de roxóns e coa música para o fin de festa.