A segunda edición dos Cantos de Taberna completan a programación da Festa do Botelo
O sábado pola tarde, despois de degustar o botelo no pavillón municipal de Calabagueiros e nos seis restaurantes que o ofrecen como menú na vila, será o momento de facerlle a dixestión a golpe de música. Seis grupos dos coñecidos como “cantos de taberna” actuarán por 12 bares do Barco para montar festa. O ano pasado foi un evento moi ben acollido e este repetirase a experiencia coa actuación de grupos do Barco, Trives, A Pobra de Brollón e Quiroga. As actuacións comezarán a partir das 7 da tarde e chegarán ata as 22:30 da noite.
Os locais que participan nesta foliada son: San Mauro, Agarimo, Pizzería O Barco, O Buraco, Veira Sil, Al Natural, Trece Catorce, La Pampa, A Cova, La Fábrica, Divino Paseo e Vinum.
Estes grupos tamén acompañarán ao mediodía á comitiva do botelo, unha vez rematado o pregón, dende o Teatro Lauro Olmo ata o pavillón de Calabagueiros. Alí comerán e serán os encargados de amenizar a sobremesa cos seus cantos.
- II FOLIADA Cantos de taberna
Grupos participantes
Centro Galicia (Ponferrada) |
Os Palletas (Quiroga) |
Píngalle o moco (A Pobra de Brollón) |
Macizas Centrais (Pobra de Trives) |
Corenta e chinco boys (A Pobra de Brollón) |
Pándega (Valdeorras) |