O programa da TVG, Aquí Galicia, emitirá en directo dende a Festa do Botelo
O programa da TVG “Aquí Galicia” emitirá en directo este magazine, de máis de dúas horas en directo, presentado por Lucía Rodríguez, Juan Fuentes e Bernardo Montaña dende a Praza Andrés de Prada. Os espectadores coñecerán un pouco máis de O Barco a través de reportaxes sobre a súa gastronomía e lugares de interese turístico. Os asistentes ao programa terán ademais música en vivo coa actuación da orquestra Olympus. As agrupacións barquenses Son do Sil, a Banda de Música do Barco e a Banda de Gaitas da vila tamén actuarán en directo no programa.
Lugar: Praza Andrés de Prada
Hora de inicio da emisión: 16 horas
CONTIDOS:
- Orquestra Olympus.
- O grupo de música e canto Son do Sil, do Barco de Valdeorras.
- Banda de Música do Barco de Valdeorras.
- Banda de Música e Gaitas do Barco de Valdeorras.
- Baile tradicional Arume de Queiruga, de Quiroga.
- No apartado gastronómico haberá:
- Por unha banda unha mesa con botelo, androlla e pigureiro.
- Lacón con grelos e cabrito asado.
- E, por último, unha selección de produtos artesáns de panadería típicos da zona coma a Empanada de Maravallas a Empanada de Costrelas ou a Torta de Roxóns.
- Para coñecer mellor o concello e a comarca haberá vídeos dedicados a:
-“Ruta do Viño”: O Barco capital da D.O. do Viño de Valdeorras.
-“Aventuras”: turismo de aventuras facendo rafting, escalada ou baixada de augas bravas polo Sil.
-“Deportes”: O Barco de Valdeorras é unha potencia tanto en atletismo, coa Milla Urbana, coma en fútbol, co C.D. O Barco que está en Terceira División, ou en natación, coa Baixada Internacional do Sil.
-“Natural”: Ecoturismo pola comarca.
-“Turismo”: Xoias turísticas da comarca.
-“Canteiras e Pizarra”. Coa Asociación Galega de Pizarristas visitan unha canteira, unha fábrica e un almacén para saber máis acerca do motor económico da zona.
- Estarán tamén nos postos de venda que haberá na praza Andrés de Prada (onde estará ubicada a carpa do programa): mel, bicas, botelos, embutidos, etc.
- E farán directos dende o pavillón de Calabagueiros onde se celebrará o xantar que reunirá a máis de 1300 persoas que degustarán o Botelo.