A terceira edición das Xornadas Gastronómicas do botelo e o cocido valdeorrés une a 15 establecementos do Barco
Un total de 15 establecementos de hostalería participan nas III Xornadas Gastronómicas do botelo e o cocido valdeorrés, que se celebran no Barco as dúas próximas fins de semana (días 20, 21, 27 e 28 de xaneiro), en coincidencia coa XXII Festa do Botelo.
A maioría dos restaurantes ofrecen dous menús diferentes –o do botelo e o do cocido-, con prezos tamén diferenciados, e que oscilan entre 16 e 35 euros, según os casos. Entre os establecementos participantes non hai só restaurantes, senón tamén especialistas en comidas para levar á casa. A idea é que ninguén quede sen pode degustar o botelo e o cocido valdeorrés.
No folleto que se achega están todos os participantes, así como os seus datos de contacto para as realización das reservas.