Este sábado comeza a venda das entradas da XXII Festa do Botelo do Barco
As actividades do programa elaborado nesta XXII edición da Festa do Botelo comezan este sábado, 13 de xaneiro, coa venda de entradas no Teatro Lauro Olmo.
Como en anos anteriores, poranse a venda a partir das 9,00 horas da mañá dese día, con 10 entradas como máximo por persoa e venda por rigoroso orde de chegada ao Teatro.
Para facilitar este proceso, haberá un sistema de entrega de número segan se vaian achegando ao lugar, ao igual que se fixo en anos anteriores. En total venderanse 1.150 entradas, a 25 euros cada unha.