A X do Botelo do Barco na Coruña, o sábado 8 de febreiro no Hotel Finisterre
Desde hoxe está aberto o prazo de reserva para tomar parte na comida da X edición da Festa do Botelo do Barco en Coruña, que se celebrará o sábado 8 de febreiro no Hotel Finisterre desta cidade, organizada en colaboración co Concello do Barco. Nesta edición, ademais da comida co botelo como protagonista, celebrase un Túnel do Viño dirixido por expertos sumillers do equipo de Luis Paadín, en cuxa celebración colabora o Consello Regulador da Denominación de Orixe Valdeorras.

O menú da comida está composto por empanada de maravallas e sopa de cocido, como entrantes, para seguir logo co prato principal, composto de botelo, chourizos, cachelos e repolo. Como sobremesa, bica. Todo, servido con vinos godello e mencía de Valdeorras, e rematado con café e selección de licores de Valdeorras.
As actividades comezarán ás 13,00 horas, coa entrega de acreditacións e inicio do Túnel do Viño, no que se presentarán referencias de viños das máis de 30 viños da Denominación de Orixe Valdeorras, baixo o asesoramento de dous expertos sumilleres. Ás 14,00 horas comezará a entrada ao comedor, co fin de que o xantar se sirva desde as 14,30 horas. A partir das 16,45 haberá música en directo no propio restaurante.
O prezo establecido para esta edición da Festa do Botelo do Barco na Coruña é de 55 euros por persoa, e as prazas están limitadas. As reservas deben realizarse mediante ingreso ou transferencia na Conta IBAN ES95 2080 0000 7230 4027 8346, da que é titular PAADIN EVENTOS S.L., ou facendo un BIZUM ao 606 738 242.
Para que a reserva poida formalizarse, deben indicarse os seguintes datos: nome e apelidos de quen fai a reserva, número de teléfono, e nome do grupo co que desexa compartir mesa. Para a retirada das entradas e acceso ao evento é obrigatorio presentar o xustificante do pago ou transferencia. Si se precisa de máis información, poden consultarse todas as dúbidas nos teléfonos 625 187 101 e 606 738 242.