A XXIII Festa do Botelo do Barco reuniu a máis de 1.300 persoas no Pavillón Polideportivo e os restaurantes colgan o cartel de completo
A Festa do Botelo reuniu este ano a máis de 1.300 comensais no Pavillón Polideportivo de Calabagueiros, onde se celebrou o xantar oficial desta festa. Outras 800 persoas enchen as prazas disponibles nos 11 restaurantes participantes nas IV Xornadas do Botelo e o Cocido, tamén para degustar o botelo do Barco. O invitado de honra este ano foi o Concello da Fonsagrada, cuxo alcalde, Carlos López, agradeceu a invitación e destacou as semellanzas gastronómicas entre O Barco e A Fonsagrada, onde se celebra a Feira do Butelo, embutido co que o botelo ten grandes similitudes.




















Os actos desta XXIII edición da Festa do Botelo comezaron as 12 da mañá no Teatro Lauro Olmo coa homenaxe á cociñeira Virginia Gómez, que leva 40 anos ao fronte do Bar Bambú, moi coñecido no Barco e en toda a comarca polas moitas especialidades que oferta a súa clientela, especialmente con desayunos desde primeira hora da mañá.
O actor David Amor encargouse do pregón, despertando as risas de todos os asistentes co seu sentido do humor. “Qué marabilloso o que conseguistes co botelo. E qué boa época para celebralo. Para non deixar sitio ao engaño. Porque, ao pasar o Nadal, todo o mundo autoenganandose, coas mesmas parvadas. Que si coidarse, que si o ximnasio. Aquí non. Aquí non viñemos a face prisioneiros..nos imos seguir comendo, ata sair rodando si pode ser”, dixo o pregoeiro. Na súa intervención houbo sitio para os “fodechinchos”, e para recordar que esta festa sí e unha festa “con sentido”, ao celebrase no interior cun produto do interior.
Presentado por Guti e Mari Carmen, ambos naturais do Barco, o acto contou coa actuación musical de Nerea Jiménez e Carlos Girona, os dous músicos locais integrantes da Asociación de Músicos de Valdeorras. O acto estivo presidido polo bon humor, con Mari
Carmen como protagonista do evento.
A partir das 14,30 horas celebrouse o xantar popular no Pavillón de Calabagueiros co habitual menú de Botelo, acompañado de chourizos, patacas e repolo. Servíronse, en total, 900 quilos de botelo, 200 de chourizos, 250 de patacas e 300 de verdura. Todo, regado con 900 botellas de viño tinto do Barco e, de sobremesa, 60 tortas de roxóns e 80 bicas.
O xantar contou coa animación musical dos grupos que, pola tarde, se encargaron de continuar cos xa tradicionais cantos de taberna polos bares da localidade. Estes cantos de taberna celebraronse entre as 19 e as 22:30 horas, coa participación de seis grupos en 9 establecementos. Somontanos, Os do Venres, Macizas Centrais, Monistreles, Os Trimendos e a Foliada de Bosende son os grupos que animarán as rúas e locais do Barco ao longo da tarde.
A actuación de Budiño, o domingo día 19 as 20,00 horas no Teatro Lauro Olmo, puxo o punto e final a esta XXIII edición da Festa do Botelo.