A XV Ruta de Pinchos “O Barco Vai de Viños”, preludio da XXIV Festa do Botelo, comeza hoxe con 33 establecementos participantes

A XV Ruta de Pinchos “O Barco Vai de Viños”, preludio da XXIV Festa do Botelo, comeza hoxe con 33 establecementos participantes

O Barco de Valdeorras acolle desde hoxe e a ata o venres 16 de xaneiro de 2026 a XV Ruta de Pinchos “O Barco Vai de Viños”, unha iniciativa qué é preludio da próxima edición da Festa do Botelo. Organizada polo Concello do Barco coa colaboración da Asociación Empresarial de Valdeorras e o Centro Comercial Aberto, nesta edición participan 33 establecementos hostaleiros, que ofrecerán pinchos elaborados específicamente para a ruta a un prezo único de 3 euros. O obxectivo desta iniciativa é a promoción da gastronomía local, dinamizar a hostalería e fomentar o consumo no comercio de proximidade.

Para facilitar o percorrido, a vila dividise en seis zonas, identificadas con variedades de uva  de Valdeorras: Godello, Mencía, Garnacha, Sousón, Treixadura e Merezao.   Os clientes deberán recoller nos establecementos os boletos para participar nos sorteos convocados nesta edición da Ruta,  e que deberán estar selados en seis establecementos diferentes, un por cada zona, como requisito imprescindible tanto para poder votar os mellores pinchos, como para tomar parte nos sorteos.Nesta edición non haberá xurado profesional, polo que serán os propios clientes os que, coa súa valoración, elixan os tres mellores pinchos da ruta. Por outra banda, todos os boletos correctamente selados entrarán no sorteo de catro ceas para dúas persoas, en catro establecementos hostaleiros colaboradores.

Como complemento aos premios que se concederán cos boletos que se entregan na ruta, mantense tamén o premio especial para redes sociais, consistente nunha cesta de produtos gastronómicos. Para optar a este premio, os participantes deberán compartir unha fotografía do pincho nas redes sociais oficiais da ruta en Facebook ou Instagram. A imaxe con maior número de “gústames” resultará gañadora, e o fallo darase a coñecer o 22 de xaneiro de 2026. 

Os comentarios están pechados.