Coruña celebra o 3 de febreiro a IX Festa do Botelo
O Hotel Finisterre acolle este próximo sábado, 3 de febreiro, a IX Festa do Botelo do Barco na Coruña. Neste céntrico establecemento hostaleiro celebrarase a comida, na que hai aforo para 250 persoas, precedida dun Túnel do Viño dirixido polo enólogo Paadin e no que participan as 18 adegas que integran a Ruta do Viño de Valdeorras.
As actividades comezarán ás 13,00 horas co Túnel do Viño, no que os participantes na comida -cun custo de 50 euros por persoa- poderán degustar os viños das 18 adegas da Asociación Ruta do Viño, que colabora nesta actividade. O menú estará composto de empanada de maravallas, sopa de cocido, botelo con chourizos, repolo e cachelos, Como sobremesa, haberá bica. Tanto os viños como os licores que se servirán están acollidos á Denominación de Orixe Valdeorras.
A Festa rematará con música en vivo.