O Concello do Barco xestionará a petición de “Fiesta de Interés Turístico Nacional” para a Festa do Botelo
A Festa do Botelo do Barco celébrase o 3 de febreiro en Coruña, o 2 de marzo en Vigo e o 9 de marzo en Madrid
O Botelo do Barco chegará este ano ao Centro Galego e a Casa de Galicia de Madrid, onde os días 8 e 9 de marzo se celebrarán unha serie de actividades coas que se pretende introducir este excelente producto gastronómico na capital de España. Trátase dun primeiro paso para lograr a declaración de “Fiesta de Interés Turístico Nacional”, para esta celebración, que ha llegado a su XXII edición no Barco. As outras dúas festas do botelo xa consolidadas (Coruña e Vigo), terán lugar o t3 de febreiro no hotel Finisterre de Coruña, e o 2 de marzo no hotel Coia de Vigo.
No caso dos actos previstos para Madrid, o venres día 8 terá lugar no Centro Galego un acto de difusión do botelo entre profesionais da restauración e xornalistas especializados. Neste acto terá lugar un túnel do viño, con caldos da denominación de orixe Valdeorras, e degustación de diferentes platos realizados con botelo. O sábado día 9 terá lugar o xantar popular na Casa de Galicia, na que se contará cun aforo de entre 110 e 120 persoas, que se considera suficiente para a primeira cita na capital madrileña.