Degustando Botelo en Vigo
A segunda Festa do Botelo na cidade de Vigo estase a celebrar no día de hoxe con gran afluencia de público. Uns 150 comensais degustan o singular botelo acompañado de cachelos e verdura no salón do Hotel Coia de Vigo. Ao acto asisten o alcalde de O Barco, Alfredo García e a concelleira de Cultura e Educación, Margarida Pizcueta, acompañados por Carmela Silva, presidenta da Deputación de Pontevedra e o alcalde de Vigo, Abel Caballero.
A comida comezou pasadas as 14:30 horas con sopa e empanada de maravallas, a continuación serviuse o botelo. A degustación deste manxar acompañase con viño tinto da Cooperativa Xesús Nazareno de O Barco.
Este será o último acto promocional do botelo desta tempada. O Concello do Barco organizou unha serie de actividades este ano e deu continuidade a outras para seguir dando a coñecer o embutido rei do inverno valdeorrés, o botelo.