O Botelo chega a Vigo este sábado
A segunda Festa do Botelo na cidade de Vigo celebrarase este sábado, día 5 de marzo. O lugar desta nova edición será o restaurante do Hotel Coia ao igual que na celebración do ano pasado. O Concello do Barco de Valdeorras está organizando esta nova festa do Botelo na cidade olívica para continuar coa difusión do produto rei do inverno valdeorrés. O botelo, consistente no estómago do porco recheo de costelas adubadas, afumado e que se consume cocido, está acadando un gran recoñecemento e difusión fora das terras valdeorresas.
A comida comezará ás 14:30 horas ca tradicional sopa de cocido e a típica empanada de maravallas. O prato principal terá ao botelo como protagonista e acompañado de cachelos, chourizos e verdura. Para a sobremesa haberá bica. Para acompañar a comida do botelo estará o viño tinto da Cooperativa Xesús Nazareno. A comida custa 25 € por persoa e as reservas xa se poden facer mediante o pago nun número de conta que o restaurante ten aberto.