En plena 3a edición da Festa do Botelo na Coruña
Máis de 250 comensais xa degustan os botelos desta terceira edición da Festa do Botelo na cidade da Coruña. O restaurante Mirador de San Pedro encheuse de seguidores do rei dos embutidos de inverno de Valdeorres..
Despois da sopa de cocido e da empanada de maravallas, chegou o momento de Don Botelo acompañado coma sempre dos cachelos e verduras. Os viños presentes nesta edición son os godellos de Godeval e D’Berna e o tinto da Cooperativa Xesús Nazareno. A comida continuará con sobremesas a base de bica e torta de roxóns e con música de fin de festa.