Máis de 370 persoas degustaron o botelo na cuarta edición da festa que se celebrou na Coruña

Máis de 370 persoas degustaron o botelo na cuarta edición da festa que se celebrou na Coruña

A cuarta Festa do Botelo celebrouse hoxe na cidade da Coruña coa asistencia de máis de 370 persoas. O  restaurante Mirador de San Pedro, ao igual que nas tres edicións anteriores, encheuse de seguidores do embutido rei do inverno valdeorrés e que o Concello do Barco de Valdeorras está promocionando coa organización de eventos como o de hoxe. O botelo, é dicir, o estómago do porco recheo de costelas adubadas, afumado e que se consume cocido, está acadando un gran recoñecemento e difusión fora das terras valdeorresas. Neste evento da cidade herculina estiveron acompañando ao alcalde do Barco, Alfredo García, o tenente de alcalde de Coruña e concelleiro de Turismo, Alberto Lema, e o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero.

De esquerda a dereita o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, o alcalde do Barco, Alfredo García e o tenente alcalde Coruña, Alberto Lema
Asistentes á comida en Coruña

 

 

 

 

 

 

 

 

 

A festa comezou ás 13:00 horas coa recepción dos comensais e a continuación a comida na que os entrantes foron a tradicional sopa do cocido e a típica empanada de maravallas. O prato principal tivo ao botelo como protagonista e acompañado de cachelos, chourizos e repolo. Para a sobremesa houbo bica e a torta de roxóns ademais do grupo musical, Os Peteras, para amenizar a tarde. Para acompañar a comida do botelo estiveron os viños brancos de godello das adegas Godeval, D´berna e o tinto da Cooperativa Xesús Nazareno de O Barco.

Alcalde de O Barco, tenente de alcalde Coruña e o alcalde de Carballo na mesa
Asistentes á comida en Coruña

 

 

 

 

 

 

 

 

Esta Festa de Interese Turístico de Galicia dende o ano 2014 celebrou o pasado día 21 de xaneiro na vila do Barco a súa décimo séptima edición. Agora continúa a súa promoción fora das terras valdeorresas e ademais da comida de hoxe en A Coruña, xa se está preparando outra en Vigo na súa terceira edición para o día 11 de marzo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *