O Botelo máis alá da elaboración tradicional

O Botelo máis alá da elaboración tradicional

A cociñeira e blogueira Rocío Garrido ofreceu no “Obradoiro de Pinchos de Botelo” ideas para comer o botelo dun xeito diferente ao tradicional. O obradoiro púxose en marcha na tarde do luns 18 de xaneiro coa colaboración do Restaurante Piquiño que ofreceu as súas instalacións e das adegas: Godeval, Eladio Santalla Paradelo, Roandi e Cooperativa Xesús Nazareno que aportaron os viños para a posterior harmonización cos pratos preparados.

Preparando os pratos

Vinte persoas, entre hostaleiros e afeccionados, participaron nesta actividade na que aprenderon en directo como elaborar 4 pinchos de botelo e despois catáronos cos viños seguindo as explicacións do sumiller Jorge Cardoso.  Os asistentes foron dando as súas opinións sobre cada prato e tamén ficaron sorprendidos das harmonías entre eles.

Brindando

Os catro pratos elaborados e as maridaxes que se realizaron foron:

  • “Botelo en camisa de repolo” co godello de Godeval, anada 2014.
  • “Arroz cremoso con botelo, setas e queixo do Cebreiro” co escumoso Brut Brinde de Adega Roandi.
  • “Hummus de garavanzos con botelo sobre pan de gambas” co godello Hacienda Ucediños de Adega Eladio Santalla Paradelo, anada 2015.
  • “Croqueta invertida de botelo” co mencía ,12 meses de barrica, Valdouro de Cooperativa Xesús Nazareno.

Arroz con botelo  Botelo en pan de gambas  Croqueta invertida de botelo  Sumiller Jorge Cardoso na cata

Botelo con camisa de botelo Viños harmonizados cos pinchos

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *