O Concello do Barco pechou en Vigo a tempada de festas do botelo deste ano
A décima edición da Festa do Botelo do Barco en Vigo reuniu no Hotel Coia a aproximadamente 200 persoas, que degustaron un menú no que o botelo con patacas, repolo e chourizo foi a estrela, pero no que no faltaron outros produtos típicos do Barco, como a empanada de maravallas ou os viños mencía da DO Valdeorras.





Nesta edición da Festa estiveron presentes o alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o concelleiro de Cultura da cidade, Gorka Gómez, que acompañaron ao alcalde do Barco, Aurentino Alonso, e a concelleira de Cultura, Margarida Pizcueta nesta celebración.
Coa Festa do Botelo do Barco en Vigo pechase a tempada de festas que se celebran desde o mes de xaneiro para enxalzar e promocionar este produto típico da gastronomía barquense. Festa de Interese Turístico Galego desde hai anos, en cada edición supérase o número de persoas interesadas que participan nas actividades organizadas polo Concello do Barco en torno ao botelo.