A X Festa do Botelo do Barco en Vigo, o 7 de marzo no Hotel Coia
Xa está aberto prazo de inscrición para participar na X Festa do Botelo do Barco en Vigo, que terá lugar o sábado 7 de marzo, a partir das 14,00 horas. Coma sempre, celebrase no Hotel Coia, e o prezo é de 45 euros por persoa.

As inscricións deben facerse chamando ao teléfono 986201820. Neste mesmo teléfono poderán solicitar toda a información que precisen. O menú desta comida está composto por empanada de maravallas, sopa de cocido, botelo con chourizos, grelos e cachelos, todo acompañado con vinos da DO Valdeorras. De sobremesa, servirase bica. Esta X Festa do Botelo do Barco en Vigo rematará con actuación musical.