O terceiro blogtrip do botelo ábrese a terras madrileñas
Este fin de semana a “boteloneta” porase en marcha para recorrer O Barco e diversos puntos da comarca de Valdeorras para dar a coñecer o botelo a xornalistas e expertos gastronómicos. Este ano estarán por terras do botelo xornalistas que traballan en medios de comunicación en Madrid e tamén profesionais galegos. O obxectivo desta actividade do programa da Festa do Botelo é a promoción e comunicación en redes sociais e medios de comunicación do produto Botelo de O Barco e o seu entorno turístico-cultural. A actividade realizarase este fin de semana, anterior á XX Festa do Botelo do Barco, para promover o seu coñecemento e que o público se achegue á vila, a fin de semana que ven, a degustar o produto nos restaurantes e que disfruten do ambiente festivo coa comida, os actos e os cantos de taberna, etc. Ademais aproveitarase para a promoción turística e cultural da vila barquense e da comarca en xeral. Este ano a novidade é o inicio da promoción do botelo na capital de España para espertar o gusto por este produto de cara a futuras accións en Madrid.
Programa da actividade previsto
Sábado, 11 de xaneiro
11 horas: Inicio da actividade. Presentación dos participantes e benvida.
12 horas: Emisión en directo programa Degustar España de RNE5 no Teatro Lauro Olmo con Manuel Moraga como director e presentador. Entrada gratuíta para todos os interesados en ver como se emite o programa.
13 horas: Visita á adega ROANDI da vila barquense. Roandi é a encargada do viño da Festa do Botelo e unha das adegas da DO Valdeorras asentadas na vila barquense.
14,30 horas: Comida no restaurante Casa Galaica. Presentación do produto e degustación do Botelo.
18 horas: Paseo polo entorno de Xagoaza e visita á “Cova dos Monxes” de Bodegas Godeval.
20:30 horas: Ruta polos bares da vila barquense coa ruta de pinchos “o barco vai de pinchos”.
Domingo, 12 de xaneiro
10 horas: Almorzo de intercambio de opinións e resolución de dúbidas.
11 horas: Visita á empresa de elaboración do botelo en Viana do Bolo: Embutidos García Marcos. Explicación da súa elaboración na propia empresa e contando todo o proceso de secado e afumado.
12:30 horas: despedida da actividade
PERIODISTAS, BLOGUEIROS E COMUNICADORES ASISTENTES DE MADRID E GALICIA
MANUEL MORAGA
Periodista freelance e experto en viños.
Realiza dende o 2018 como director e presentador o programa semanal “Degustar España” en RNE5 no que se fala durante 30 minutos sobre a gastronomía no territorio español e o turismo.
Académico das Artes Escénicas de España
ANA BELÉN TORIBIO
Xornalista a e sumiller titulada.
Directora de www.gastroystyle.com
Membro de Asociación da Prensa de Madrid (APM), membro da Asociación Madrileña de Sumilleres (AMS), membro da Asociación Española de Periodistas e Escritores do Viño (AEPEV), Ambassador da Academia da Tapa. Sherry Women.
Revista Gastroystyle e revista Restauradores en papel. Ademais de tertuliana no programa de radio de Eva Robles titulado “Todos en Libertad” en Libertad FM.
https://www.gastroystyle.com/ Máis de 1.236.000 visitas e as súas redes sociais.
OSCAR CHECA
Periodista freelance en RNE5 co programa “Escapadas” e en outras publicacións como a revista Origen.
Origen é unha revista sobre gastronomía, produto e turismo gastronómico, dirixida a mulleres e homes amantes da gastronomía, as viaxes e a cultura rural e gastronómica do país. É unha publicación bimestral, cunha tirada de 18.500 exemplares, distribuida tanto a cliente final como en empresas como as tendas Gourmet de El Corte Inglés, restaurantes, Paradores e aloxamentos rurais, escolas de gastronomía, así como a xefes de compras, importadores e produtores. Tratase dunha revista en papel pero as reportaxes tamén se colgan na web.
Esta web recibe 160.000 visitas mensuais: https://www.origenonline.es/
Exemplos de reportaxes anteriores:
https://www.origenonline.es/digital/0hr6c6n_or104/mobile/index.html (Toro, páx 44 e seguintes)
https://www.origenonline.es/digital/1oq5m6a_or102/index.html (Navarra, páx 44 e seguintes)
JOSE MANUEL GARCÍA
Periodista e comunicador de redes sociais experto en gastronomía e Enoturismo. Director e presentador do programa de radio “Comer e Falar” na emisora SI Radio Galicia.
Membro activo en redes sociais co seu propio nome e a través das do programa Comer e Falar. Asistente a numerosos blogtrip en Galicia e Portugal de promoción turística.
XOANQUI AMEIXEIRAS
Experto cociñeiro galego dende fai anos. Actualmente cociñeiro do programa “Estache bo” que se emite diariamente na TVG. Colaborador do programa “Comer e falar”.
Promotor en redes sociais de temas de gastronomía.