Navegación por
Etiqueta: O Botelo 2020

A VII Festa do Botelo na Coruña celebrarase o día 15 de febreiro e ten aberta a compra de entradas

A VII Festa do Botelo na Coruña celebrarase o día 15 de febreiro e ten aberta a compra de entradas

A sétima Festa do Botelo na cidade da Coruña celebrarase o sábado, día 15 de febreiro. O lugar desta nova edición será o restaurante Arbore da Veira no Monte de San Pedro ao igual que nas seis celebracións anteriores. O Concello do Barco de Valdeorras está organizando esta nova festa do Botelo na capital herculina para continuar coa difusión do produto rei do inverno valdeorrés. O botelo, é dicir, o estómago do porco recheo de costelas adubadas, afumado e que…

Ler máis Ler máis

O concerto do Botelo trae a Milladoiro ao Barco este venres

O concerto do Botelo trae a Milladoiro ao Barco este venres

As entradas están á venda na tenda de música Ton y Son na vila barquense. O seu prezo é de 10 euros e tamén poderán comprarse  o propio venres, día 17, antes do concerto na billeteira do teatro Lauro Olmo. A actuación comezará ás 21 horas e será o concerto da Festa do Botelo. Unha nova actividade creada para esta edición. O coñecido grupo de música tradicional galega presenta o seu último disco.

O programa Degustar España de RNE5 sobre o botelo listo para escoitar en internet

O programa Degustar España de RNE5 sobre o botelo listo para escoitar en internet

O programa emitiuse en directo dende o Teatro Lauro Olmo o Sábado día 11 de Xaneiro ás 12 horas. Nel participaron o alcalde de O Barco, Alfredo García, a cociñeira da festa do botelo, Otilia Docampo e o presidente do Consello Regulador da DO Valdeorras, José Luis García Pando. O programa dedicouse íntegramente á XX Festa do Botelo. Podedes escoitar o programa na sección multimedia premendo na imaxe.

O terceiro blogtrip do botelo ábrese a terras madrileñas

O terceiro blogtrip do botelo ábrese a terras madrileñas

Este fin de semana a “boteloneta” porase en marcha para recorrer O Barco e diversos puntos da comarca de Valdeorras para dar a coñecer o botelo a xornalistas e expertos gastronómicos. Este ano estarán por terras do botelo xornalistas que traballan en medios de comunicación en Madrid e tamén profesionais galegos. O obxectivo desta actividade do programa da Festa do Botelo é a promoción e comunicación en redes sociais e medios de comunicación do produto Botelo de O Barco e…

Ler máis Ler máis

Este sábado poranse á venda as 1150 entradas da comida oficial do botelo

Este sábado poranse á venda as 1150 entradas da comida oficial do botelo

Este sábado, día 11, a partir das 9 da mañá, poranse á venda as 1150 entradas da XX Festa do Botelo. O lugar para facer a compra será o Teatro Lauro Olmo do Barco. Estes tíckets terán un prezo de 18 euros por persoa e cada comprador so poderá adquirir un máximo de 10 entradas. Con elas poderase asistir á comida que se celebrará o día 18 de xaneiro no pavillón polideportivo de Calabagueiros a partir das 14,30 horas.  Nese…

Ler máis Ler máis