11 restaurantes participan nas Xornadas do Botelo e o cocido valdeorrés
Once restaurantes -10 ubicados no Barco e 1 en Vilamartín- participan na carta edición das Xornadas do Botelo e do Cocido Valdeorrés, que se celebran dous fines de semana (días 18, 19 e 25 e 26 de xaneiro), organizadas polo Concello do Barco.


As xornadas foron presentadas polo alcalde, Alfredo García, e a concelleira de Turismo, Alba Rodríguez Sanmartín, que anunciaron tamén a intención do Concello de presentar esta actividade en Ponferrada, co obxectivo de animar aos habitantes do Bierzo a acudir a estas xornadas. “Os restaurantes xa teñen o cartel de completo para este sábado, pero aínda hai posibilidade de reservar para o domingo día 19, e para a seguinte fin de semana”.
Cada un dos restaurantes preparou os menús –todos de botelo, e cinco tamén de cocido valdeorrés- con prezos que oscilan entre os 25 euros do máis barato e os 35 do máis caro. Para a última fin de semana, o Concello organizou animación musical, que percorrerá os restaurantes participantes nestas xornadas.
O alcalde aproveitou a presentación para resaltar o apoio que o Concello do Barco está a prestar, de xeito continuo, ao sector da hostalería e a restauración, con diferentes iniciativas tendentes a manter a actividade despois das navidades, cando normalmente se ralentiza.