300 persoas gozaron do botelo na VIII Festa do Botelo do Barco na Coruña
Nesta edición da Festa, que tiña lugar no Hotel Finisterre, participaron algo máis de 300 persoas, que degustaron un menú composto de empanada de maravallas, sopa de cocido, botelo con patacas e repolo e bica. Viños de Valdeorras, tanto godello como mencía, acompañaron ao menú.
A concelleira de Cultura, Margarida Pizcueta, asistiu á festa en nome do Concello do Barco, acompañada polos responsables da Asociación Ruta do Viño de Valdeorras, Joaquín Sánchez e Araceli Fernández, que organizaron o Túnel do Viño, no que, dirixido polo enólogo Luis Paadín, se presentaron máis de 40 referencias de viños de Valdeorras. A comida rematou coa actuación en directo do grupo “José Brea”, que animou a tarde coa súa música.
Antes da comida da VIII Festa do Botelo do Barco na Coruña celebrouse un Túnel do Viño, no que os especialistas Luis e Alejandro Paadín presentaron máis de 40 viños de 17 bodegas integrantes da Asociación Ruta do Viño de Valdeorras.