A VIII Festa do Botelo do Barco en Vigo celébrase o 4 de marzo no Hotel Coia

A VIII Festa do Botelo do Barco en Vigo celébrase o 4 de marzo no Hotel Coia

A VIII Festa do Botelo do Barco en Vigo terá lugar o próximo 4 de marzo no Hotel Coia. Organizada polo Concello do Barco dentro da súa campaña de promoción da gastronomía do Barco, ofrecerase un menú composto por sopa de cocido, empanada de maravallas, botelo e chourizos con grelos e cachelos e bica. Todo, acompañado de viños de Valdeorras e, de remate, haberá unha actuación musical. O prezo establecido para esta edición da Festa do Botelo en Vigo é de 32 euros.

As reservas para participar nesta festa, na que se espera a presenza do alcalde de Vigo, Abel Caballero, e a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, deben facerse de xeito anticipado no teléfono 986201820.

A Festa do Botelo en Vigo será o último acto promocional do botelo por esta temporada. Lémbrase que o embutido rei do inverno do Barco é o protagonista da Festa de Interese Turístico de Galicia desde o ano 2014.

Os comentarios están pechados.