A VIII Festa do Botelo do Barco en Vigo, o 2 de marzo no Hotel Coia
O próximo 2 de marzo celebrase no Hotel Coia a VIII Festa do Botelo do Barco en Vigo. Nas salas deste hotel contase con capacidade para aproximadamente 300 persoas, que para poder participar no xantar deberán reservar con antelación a praza chamando ao número de teléfono 986201820.
Os participantes nesta edición da Festa do Botelo do Barco en Vigo poderán degustar un menú composto de empanada de maravallas, sopa de cocido e botelo con chourizos, repolo e cachelos. A comida estará acompañada de viños da denominación de orixe Valdeorras e rematada con bica e licores.