Cheo absoluto na IX Festa do Botelo do Barco en Coruña
Ao redor de 300 persoas encheron os salóns do Hotel Finisterre, na Coruña, para celebrar a novena edición da Festa do Botelo do Barco nesta localidade. Os asistentes degustaron un menú composto por empanada de maravallas, sopa de cocido, botelo con chourizos, repolo e cachelos, ademais de bica e licores para a sobremesa.
Antes da comida celebrouse un Túnel do Viño, organizado pola Ruta do Viño de Valdeorras e dirixido polo enólogo Paadín, no que se presentaron caldos das 18 adegas que integran esta asociación.