Aberto o prazo para as reservas da I Festa do Botelo do Barco en Madrid
Desde hoxe poden facerse as reservas para participar na comida da I Festa do Botelo do Barco en Madrid, que terá lugar o próximo 9 de marzo na Casa de Galicia.
Para esta primeira edición da festa na capital de España hai 100 prazas, e o prezo do menú é de 55 euros. Cada persoa poderá reservar, como máximo, 5 prazas. Os interesados deben chamar, para facer a reserva, ao teléfono 988320202, Extensión 2131, e terá que facer o ingreso nunha conta bancaria, que se lles comunicará, para dar por reservada a praza.
O menú estará composto de sopa de botelo, e botelo con chourizos, grelos, garabanzos e cachelos. De sobremesa, os asistentes degustarán filloas con mel e leite frito. A comida acompañaráse de viños e licores da DO Valdeorras.
O día anterior celebrase un encontro con xornalistas especializados en gastronomía e restauradores madrileños. Nese encontro do venres día 8, celebrarase, e colaboración coa DO Valdeorras, un túnel do viño dirixido polo enólogo Luis Paadín, no que se fará unha maridaxe entre viños da DO Valdeorras e pratos elaborados con botelo.