A XI Festa do Botelo do Barco na Coruña reunió a 250 comensais en torno ao produto estrela da gastronomía valdeorresa
250 persoas reuníronse no Hotel Finisterre da Coruña para participar na XI edición da Festa do Botelo do Barco na cidade herculina. As actividades desta festa comezaban a partir das 13,00 horas, con un túnel do viño, dirixido polo equipo do experto sumiller Luis Paadín, no que se presentaron máis de 60 referencias de viños acollidos baixo a Denominación de Orixe Valdeorras.





O menú da comida estivo composto por empanada de maravallas e sopa de cocido, como entrantes, para seguir logo co prato principal, co botelo de protagonista, acompañado de chourizos, cachelos e repolo. Como sobremesa, bica. Todo, servido con vinos godello e mencía de Valdeorras, e rematado con café e selección de licores de Valdeorras.
A festa, na que o alcalde do Barco, Aurentino Alonso, deu a benvida aos asistentes, acompañado da concelleira de Cultura, Margarida Pizcueta, rematou con música en directo no propio restaurante a partir das 16,45 horas.