A XI do Botelo do Barco na Coruña, o sábado 7 de febreiro no Hotel Finisterre

A XI do Botelo do Barco na Coruña, o sábado 7 de febreiro no Hotel Finisterre

Desde hai uns días está aberto o prazo de reserva para tomar parte na comida da XI edición da Festa do Botelo do Barco en Coruña, que se celebrará o sábado 7 de febreiro no Hotel Finisterre desta cidade, organizada en colaboración co Concello do Barco. Nesta edición, ademais da comida co botelo como protagonista, celebrase un Túnel do Viño dirixido por expertos sumilleres do equipo de Luis Paadín, en cuxa celebración colabora o Consello Regulador da Denominación de Orixe Valdeorras.

O menú da comida está composto por empanada de maravallas e sopa de cocido, como entrantes, para seguir logo co prato principal, composto de botelo, chourizos, cachelos e repolo. Como sobremesa, bica. Todo, servido con vinos godello e mencía de Valdeorras, e rematado con café e selección de licores de Valdeorras.

As actividades comezarán ás 13,00 horas, coa entrega de acreditacións e inicio do Túnel do Viño, no que se presentarán en torno a 50 referencias de da Denominación de Orixe Valdeorras, baixo o asesoramento de dous expertos sumilleres.
Neste túnel tamén se contará coa “Msa do sumiller”, “con viños de Valdeorras anejados na nosa bodega privada. Así, os asistentes poderán gozar dun gran repertorio de godellos, mencías, garnachas, sousones, brancellaos…”, di o equipo de Luis Paadin. Ás 14,00 horas comezará a entrada ao comedor, co fin de que o xantar se sirva desde as 14,30 horas. A partir das 16,45 haberá música en directo no propio restaurante.

O prezo establecido para esta edición da Festa do Botelo do Barco na Coruña é de 60 euros por persoa, e as prazas están limitadas a 250 asistentes. As reservas deben realizarse na web https://aulapaadin.com/tienda/festa-do-botelo-xi-edicion/,  indicando, no momento da reserva, o nome e os apelidos, teléfono e correo de contacto, e, no seu caso, o nome da mesa onde quere ser ubicado. No caso de que a plataforma rexistrara problemas, as indicencias poden xestionarse a través do mail info@paadin.es, ou no teléfono de información: 625187101.

Os comentarios están pechados.