O Concello do Barco xestionará a solicitude de “Festa de Interese Turístico Nacional” para a Festa do Botelo
A Festa do Botelo do Barco celébrase o 3 de febreiro en Coruña, o 2 de marzo en Vigo e o 9 de marzo en Madrid.
O botelo do Barco chegará este ano á Casa de Galicia de Madrid, onde os días 8 e 9 de marzo se celebrarán unha serie de actividades co obxectivo de dar a coñecer este excelente producto gastronómico na capital de España. Trátase dun primeiro paso para acadar a declaración de “Festa de Interese Turístico Nacional”, para esta celebración, que chegou á súa XXII edición no Barco. As outras dúas festas de Botelo xa consolidadas (A Coruña e Vigo) terán lugar o 3 de febreiro no hotel Finisterre de Coruña, e o 2 de marzo no hotel Coia de Vigo.
Dentro das actividades previstas en Madrid, o venres día 8 terá lugar un acto de difusión do botelo entre os profesionais da restauración e os xornalistas especializados. Neste evento terá lugar un túnel do viño, con viños da denominación de orixe Valdeorras, e unha degustación de diferentes pratos elaborados con Botelo. O sábado día 9 terá lugar na Casa de Galicia o xantar popular, que terá un aforo de entre 110 e 120 persoas, número que se considera suficiente para a primeira cita na capital madrileña.