Agotadas as prazas para a VII Festa do Botelo do Barco na Coruña
300 persoas participarán na VII Festa do Botelo do Barco na Coruña, despois de que a organización decidira ampliar o aforo de 200 a 300, debido á alta demanda rexistrada. O aforo está xa completo, polo que no se admitirán máis reservas.
Os organizadores poranse en contacto con aquelas persoas que, por orden de chegada das reservas, quedaran fora, para devolver de xeito inmediato os importes das transferencias realizadas. En todo caso, as persoas que desexen máis información respecto á situación da súa reserva, poden chamar ao teléfono 625 198 101.
A VII Festa do Botelo do Barco na Coruña celebrase o día 11 de xaneiro, no Hotel Finisterre. A comida estará precedida por un Túnel do Vino, no que participan una quincena de bodegas asociadas na Ruta do Viño de Valdeorras. O túnel é dirixido polo prestixioso enólogo Luis Paadín.