Case que 200 persoas na VIII Festa do Botelo do Barco en Vigo
O Hotel Coia acolleu esta fin de semana o xantar da VIII Festa do Botelo do Barco en Vigo, no que participaron preto de 200 personas, que degustaron un menú composto de empanada de maravallas, sopa de cocido e botelo con chourizos, repolo e cachelos. A comida estivo acompañada de viños da denominación de orixe Valdeorras e rematada con bica e licores.
Na comida estivo presentada polo alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o alcalde do Barco, Alfredo García. Entre os comensais, o presidente da Cámara Municipal de Viana do Castelo, Luis Nobre.