Esgotadas as 1150 entradas da Festa do Botelo 2017

Esgotadas as 1150 entradas da Festa do Botelo 2017

Na tarde do luns abríase a venda de 1150 entradas, 200 máis que no 2016, para asistir á comida do Botelo 2017 no pavillón de Calabagueiros do Barco. Por segundo ano consecutivo, as entradas duraron á venda pouco máis dunha hora. Os interesados en asistir comezaron a facer cola case catro horas antes da apertura da billeteira do Teatro Lauro Olmo. Este ano os compradores organizáronse e repartiron entre eles números na cola para manter a orde de chegada. Despois foron entrando a comprar as entradas que este ano estaban limitadas a un máximo de 20 por comprador.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

A cola para adquirir as entradas deu a volta ao edificio do teatro e espertaron a curiosidade de moitos veciños.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *