Presentada a XXIII Festa do Botelo do Barco, que se celebrará o 18 de xaneiro

Presentada a XXIII Festa do Botelo do Barco, que se celebrará o 18 de xaneiro

A concelleira de Cultura do Concello do Barco, Margarida Pizcueta, presentou a XXIII edición da Festa do Botelo do Barco, que se celebrará nesta localidade o 18 de xaneiro. Para a semana previa preparouse un interesante programa de actividades con música, cine e teatro. O actor David Amor será o pregoeiro desta edición da festa, na que se entregará a mención de honra á cociñeira Virginia Gómez Trincado, do Bar Bambú.

A venda de entradas realizarase o sábado, 11 de xaneiro, a partir das 9 da mañá, no Teatro Lauro Olmo. Poránse á venda 1150 entradas, e cada persoa poderá adquirir un máximo de 10. O Concello de A Fonsagrada é o invitado a esta edición da festa, ao igual que no anterior asistiron representantes de Bembibre (León), e hai dous anos o fixeron os da Cámara Municipal de Tras os Montes. Todos eles, hermanados co Concello do Barco de Valdeorras pola elaboración dun produto gastronómico moi parecido ao botelo.

Este é o programa desta edición da Festa do Botelo

Sábado, 11 de xaneiro

09:00 horas.-Venda de entradas no Teatro Lauro Olmo.

20:00 horas.- Teatro Lauro Olmo.-

Concerto do Botelo: Orfeón Valdeorrés

Xoves, 16 de xaneiro

17:00 e 20:00 horas.- Teatro Lauro Olmo

Cine: “A Cociña”

Venres, 17 de xaneiro

21:00 horas.- Teatro Lauro Olmo

Teatro.- “ Go Home” (David Amor e Josito Porto)

-Sábado, 18 de xaneiro

Pregón da XXIII Edición da Festa do Botelo

12:00 horas.- Teatro Lauro Olmo

Actuación musical de  Nerea Jiménez (voz) e Carlos Girona, integrantes da asociación AMAVA.

Mención de honra á cociñeira Virginia Gómez Trincado, do Bar Bambú.

Pregoeiro: David Amor

13:30 horas.- Pasarrúas dos grupos dos Cantos de Taberna dende o Teatro Lauro Olmo ao Pavillón de Calabagueiros

14:30 horas.- Apertura de portas para o Xantar popular no Pavillón de Calabagueiros

Entre as 19:00 ás 22:00 horas, Cantos de Taberna  no casco antigo e no Malecón.

Domingo, 19 de xaneiro

20:00 horas.- Teatro Lauro Olmo

Concerto de Budiño, co seu espectáculo “Branca Vela”

Os comentarios están pechados.