A orquestra Aramio actuará o sábado pola tarde na Praza Andrés de Prada

A orquestra Aramio actuará o sábado pola tarde na Praza Andrés de Prada

A XVIII Festa do Botelo completa a súa programación no Día Grande coa actuación da orquestra Aramio. A música comezará a sonar ao redor das seis e media da tarde na Praza Andrés de Prada. Será o xeito de facer a dixestión  do botelo e poder empezar a festa que despois continuará nos bares coa III Foliada Cantos de Taberna. O grupo Aramio pertence á localidade de Gondomar na provincia de Pontevedra. No seu repertorio dispón dun amplo abano de…

Ler máis Ler máis

Os blogueiros descubriron o botelo e a comarca de Valdeorras no II Blog Trip

Os blogueiros descubriron o botelo e a comarca de Valdeorras no II Blog Trip

150118.- O fin de semana do 13 e 14 de xaneiro organizouse o II Blog Trip do Botelo coa asistencia de 6 blogueiros e comunicadores. A visita comezou o sábado pola mañá en Viana do Bolo, coñecendo como se elaboran os 800 kilos de botelo que se degustarán na XVIII Festa do Botelo o día 20. A continuación a “boteloneta” trasladou aos invitados ata Éntoma (O Barco) para coñecer e degustar os viños dunha das adegas do Concello barquense do…

Ler máis Ler máis

A XVIII Festa do Botelo homenaxeará ao primeiro organizador da festa

A XVIII Festa do Botelo homenaxeará ao primeiro organizador da festa

O alcalde do Barco, Alfredo García e a Concelleira de Cultura e Educación, Margarida Pizcueta foron os encargados de presentar o programa completo da XVIII Festa do Botelo que se celebrará no Barco os días 20 e 21 de xaneiro. O pregoeiro deste ano será o primeiro organizador deste evento, José María Rodríguez Ramos, que cando ocupaba o cargo de Concelleiro de Cultura empezou con esta festa gastronómica. A actual concelleira, Margarida Pizcueta, destacou que “grazas a el empezou un…

Ler máis Ler máis

Presentado o cartel da XVIII Festa do Botelo do Barco que se celebrará o 20 e 21 de xaneiro

Presentado o cartel da XVIII Festa do Botelo do Barco que se celebrará o 20 e 21 de xaneiro

O alcalde do Barco, Alfredo García e a Concelleira de Cultura e Educación, Margarida Pizcueta foron os encargados de presentar o cartel da XVIII edición da Festa do Botelo 2018. Un cartel que baixo o lema “O pai de todos os botelos” fai alusión ao mundo do cine e a última entrega da saga de Star Wars que como indicou a concelleira Pizcueta “está agora de actualidade en todo o mundo e queremos que o botelo acade tamén esa internacionalidade”….

Ler máis Ler máis

A Festa do Botelo pecha a súa promoción en Vigo coa asistencia de 200 persoas á comida

A Festa do Botelo pecha a súa promoción en Vigo coa asistencia de 200 persoas á comida

A terceira Festa do Botelo na cidade de Vigo celebrouse hoxe con gran afluencia de público. Uns 200 comensais degustaron o singular botelo acompañado de cachelos e verdura no salón do Hotel Coia de Vigo. Ao acto asistiron como representación institucional do Concello do Barco,  o alcalde, Alfredo García e a concelleira de Cultura e Educación, Margarida Pizcueta acompañados do alcalde de Vigo, Abel Caballero, a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva e a concelleira de Servizos Socias e…

Ler máis Ler máis

O Botelo do Barco de Valdeorras chega a Vigo por terceiro ano

O Botelo do Barco de Valdeorras chega a Vigo por terceiro ano

A terceira Festa do Botelo na cidade de Vigo celebrarase este sábado, día 11 de marzo. O lugar desta nova edición será o restaurante do Hotel Coia ao igual que na celebración dos anos anteriores. O Concello do Barco de Valdeorras (Ourense) está organizando esta nova festa do Botelo na cidade olívica para continuar coa difusión do produto rei do inverno valdeorrés. O botelo, consistente no estómago do porco recheo de costelas adubadas, afumado e que se consume cocido, está…

Ler máis Ler máis

O Barco de Valdeorras promove un ano máis a Festa do Botelo na Coruña

O Barco de Valdeorras promove un ano máis a Festa do Botelo na Coruña

O sábado 11 de febreiro celebrarase a cuarta Festa do Botelo na cidade da Coruña. A sede desta nova edición será o restaurante Mirador de San Pedro, como nas tres celebracións anteriores. O Concello do Barco de Valdeorras organiza esta nova festa do Botelo na capital herculina para continuar coa difusión do produto rei do inverno valdeorrés. Botelo, é dicir, o estómago de porco recheo de costela marinada, afumada e cocida, está a acadar un gran recoñecemento e difusión fóra…

Ler máis Ler máis

Máis de 370 persoas degustaron o botelo na cuarta edición da festa que se celebrou na Coruña

Máis de 370 persoas degustaron o botelo na cuarta edición da festa que se celebrou na Coruña

A cuarta Festa do Botelo celebrouse hoxe na cidade da Coruña coa asistencia de máis de 370 persoas. O  restaurante Mirador de San Pedro, ao igual que nas tres edicións anteriores, encheuse de seguidores do embutido rei do inverno valdeorrés e que o Concello do Barco de Valdeorras está promocionando coa organización de eventos como o de hoxe. O botelo, é dicir, o estómago do porco recheo de costelas adubadas, afumado e que se consume cocido, está acadando un gran…

Ler máis Ler máis