IV Festa do Botelo en Coruña
Case 400 comensais difrutarán hoxe do Botelo valdeorrès na cuarta edición da festa que se organiza no Restaurante Mirador de San Pedro. O Concello do Barco segue coa promoción fora da comarca deste particular embutido.
Case 400 comensais difrutarán hoxe do Botelo valdeorrès na cuarta edición da festa que se organiza no Restaurante Mirador de San Pedro. O Concello do Barco segue coa promoción fora da comarca deste particular embutido.
A cuarta Festa do Botelo na cidade da Coruña celebrarase o sábado, día 11 de febreiro. O lugar desta nova edición será o restaurante Mirador de San Pedro ao igual que nas tres celebracións anteriores. O Concello do Barco de Valdeorras está organizando esta nova festa do Botelo na capital herculina para continuar coa difusión do produto rei do inverno valdeorrés. O botelo, é dicir, o estómago do porco recheo de costelas adubadas, afumado e que se consume cocido, está…
A XVII Festa do Botelo do Barco congregou a 1300 persoas na maior exaltación deste embutido no que o estómago do porco recheo de costelas adobadas é o protagonista. Este produto consúmese cocido con verdura e patacas e dende o 2014 a festa de exaltación foi declarada de Interese Turístico en Galicia. A festa contou este ano como pregoeiros co debuxante Luis Davila e co actor Carlos Blanco. O seu inxenioso pregón a dúas mans, debuxado e falado, tivo unha…
A actividade no Día do Botelo comezou hoxe cunha feira de produtos tradicionais a partir das 11 da mañá. Na Praza Andrés de Prada hai 14 postos que venden botelos, mel, marmeladas,etc. A feira estará aberta toda a fin de semana en horario de 11 da mañá ata as 20 horas.
A XVII Festa do Botelo do Barco celebrase este fin de semana para exaltar este particular embutido que se elabora co estómago do porco recheo de costelas adobadas e despois afumado. Este produto consúmese cocido con verdura e patacas e dende o 2014 a festa de exaltación, que se celebra no Barco, foi declarada de Interese Turístico en Galicia. A festa contará cuns 1300 asistentes na comida do pavillón de Calabagueiros e moitos veciños e visitantes tamén o degustarán nos…
O sábado pola tarde, despois de degustar o botelo no pavillón municipal de Calabagueiros e nos seis restaurantes que o ofrecen como menú na vila, será o momento de facerlle a dixestión a golpe de música. Seis grupos dos coñecidos como “cantos de taberna” actuarán por 12 bares do Barco para montar festa. O ano pasado foi un evento moi ben acollido e este repetirase a experiencia coa actuación de grupos do Barco, Trives, A Pobra de Brollón e Quiroga….
O programa da TVG “Aquí Galicia” emitirá en directo este magazine, de máis de dúas horas en directo, presentado por Lucía Rodríguez, Juan Fuentes e Bernardo Montaña dende a Praza Andrés de Prada. Os espectadores coñecerán un pouco máis de O Barco a través de reportaxes sobre a súa gastronomía e lugares de interese turístico. Os asistentes ao programa terán ademais música en vivo coa actuación da orquestra Olympus. As agrupacións barquenses Son do Sil, a Banda de Música do…
A XVII Festa do Botelo do Barco, declarada de interese turístico galego, está espertando moita expectación. Os visitantes e veciños están chamando aos restaurantes para reservar o menú do botelo e poder degustar así este particular embutido valdeorrés. Seis restaurantes ofrecen a posibilidade de degustalo durante esta fin de semana nos seus menús e algún deles xa está coas reservas ao completo. Os 6 restaurantes son: Casa Galaica, Piquiño, Fernando III, Agarimo, Pulpería El Dorado e Il Piacere Gastrobar. Os…
“Fun a primeira” esa sería a frase que resume o traballo de Lula A Pulpeira, Obdulia Fidalgo Real, relacionado coa Festa do Botelo. Ela foi durante 15 anos a persoa encargada de ter todo listo para que os comensais puideran gozar do botelo o día da súa festa na vila do Barco. “Era moi duro, estábamos todos loucos durante dous días para ter todo listo” explica Lula que este ano verá a festa dende o outro lado, como invitada, e…
Na tarde do luns abríase a venda de 1150 entradas, 200 máis que no 2016, para asistir á comida do Botelo 2017 no pavillón de Calabagueiros do Barco. Por segundo ano consecutivo, as entradas duraron á venda pouco máis dunha hora. Os interesados en asistir comezaron a facer cola case catro horas antes da apertura da billeteira do Teatro Lauro Olmo. Este ano os compradores organizáronse e repartiron entre eles números na cola para manter a orde de chegada. Despois…