O botelo será protagonista do programa da Radio Galega “Come e Fala”

O botelo será protagonista do programa da Radio Galega “Come e Fala”

O programa Come e Fala deste domingo, día 15 de xaneiro, estará dedicado á XVII Festa do Botelo do Barco.  Durante unha hora falarase do botelo, de como se fai, como se vai degustar o día 21, os actos que haberá nesa fin de semana, e moito máis. O programa gravouse hoxe, día 12 de xaneiro, cos diferentes entrevistados, e o domingo ás 13 horas poderá escoitarse en emisión para toda Galicia. O programa Come e Fala, Premio Nacional de…

Ler máis Ler máis

Venda de entradas para a Festa do Botelo 2017

Venda de entradas para a Festa do Botelo 2017

  Dispoñibles as entradas para o espectáculo Menú da Noite e o día 16 poranse á venda as entradas para a comida do botelo   A Concellería de Cultura e Educación do Concello do Barco anuncia que hoxe xa están á venda as entradas para asistir ao espectáculo “Menú da Noite” o día 22 no Teatro Lauro Olmo. As 250 entradas están dispoñibles na tenda Ton y Son de música e o día do espectáculo, unha hora antes da actuación,…

Ler máis Ler máis

A XVII Festa do Botelo contará co actor Carlos Blanco e o debuxante Luís Davila como pregoeiros

A XVII Festa do Botelo contará co actor Carlos Blanco e o debuxante Luís Davila como pregoeiros

A Concellería de Cultura e Educación do Concello do Barco fixo público hoxe os nomes de Carlos Blanco e Luís Davila como pregoeiros da  XVII FESTA DO BOTELO . A festa, que se celebrará o día 21 de xaneiro na vila do Barco,  da un paso máis para a súa promoción fora dos límites da comarca valdeorresa coa elección, por primeira vez, duns pregoeiros que non son orixinarios da vila. Neste caso o actor Carlos Blanco e o debuxante Luís…

Ler máis Ler máis

Degustando Botelo en Vigo

Degustando Botelo en Vigo

A segunda Festa do Botelo na cidade de Vigo estase a celebrar no día de hoxe con gran afluencia de público. Uns 150 comensais degustan o singular botelo acompañado de cachelos e verdura no salón do Hotel Coia de Vigo. Ao acto asisten o alcalde de O Barco, Alfredo García e a concelleira de Cultura e Educación, Margarida Pizcueta, acompañados por Carmela Silva, presidenta da Deputación de Pontevedra e o alcalde de Vigo, Abel Caballero. A comida comezou pasadas as…

Ler máis Ler máis

O Botelo chega a Vigo este sábado

O Botelo chega a Vigo este sábado

A segunda Festa do Botelo na cidade de Vigo celebrarase este sábado, día 5 de marzo. O lugar desta nova edición será o restaurante do Hotel Coia ao igual que na celebración do ano pasado. O Concello do Barco de Valdeorras  está organizando esta nova festa do Botelo na cidade olívica para continuar coa difusión do produto rei do inverno valdeorrés. O botelo, consistente no estómago do porco recheo de costelas adubadas, afumado e que se consume cocido, está acadando…

Ler máis Ler máis

En plena 3a edición da Festa do Botelo na Coruña

En plena 3a edición da Festa do Botelo na Coruña

Máis de 250 comensais xa degustan os botelos desta terceira edición da Festa do Botelo na cidade da Coruña. O restaurante Mirador de San Pedro encheuse de seguidores do rei dos embutidos de inverno de Valdeorres.. Despois da sopa de cocido e da empanada de maravallas, chegou o momento de Don Botelo acompañado coma sempre dos cachelos e verduras. Os viños presentes nesta edición son os godellos de Godeval e D’Berna e o tinto da Cooperativa Xesús Nazareno. A comida…

Ler máis Ler máis

IV Fiesta de Botelo en Coruña

IV Fiesta de Botelo en Coruña

Casi 400 comensales disfrutarán hoy de la Fiesta de Botelo Valdeorrès en la cuarta edición de la fiesta organizada en el Restaurante Mirador de San Pedro. El Ayuntamiento de Barco continúa con la promoción fuera de la comarca de este peculiar embutido.

Vivindo a III edición da Festa do Botelo na Coruña

Vivindo a III edición da Festa do Botelo na Coruña

Os máis de 250 comensais  están xa degustando os botelos desta terceira edición da Festa do Botelo na cidade da Coruña. O restaurante Mirador de San Pedro encheuse de seguidores do embutido rei do inverno valdeorrés. Despois da sopa de cocido e da empanada de “maravallas”, chegou o momento de Don Botelo acompañado coma sempre polos cachelos e a verdura. Os viños presentes nesta edición son os godellos de Godeval e D´Berna e o tinto da Cooperativa Xesús Nazareno.  A…

Ler máis Ler máis